El Chisme
Aparencia
El Chisme | |
---|---|
Fundación | 1884 |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Chisme foi un semanario editado en Pontevedra en 1884.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario independiente, recreativo, tempestivo y joco-serio, apareceu o 13 de xullo de 1884. Periódico semanal de carácter crítico e literario que estaba dirixido por Albino Simán. Os colaboradores eran Luís Taboada, M. Palacios e Luis Vidart. Outros artigos estaban asinados cos pseudónimos Glorioso, Pardillo, Calderilla e Padre Santo. Constaba de artigos de fondo, informacións de actualidade, novas breves, sucesos da semana e anuncios. Moitas noticias estaban comentadas en verso. Apareceron catorce números cesando a súa edición o 5 de outubro de 1884, cambiando o seu título por La Silueta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.